miércoles, 28 de noviembre de 2012

carta a ama

Querida ama,
xa fai un ano cos seus 365 días que te fuches, que te arrebataron de min, que non te vexo, que non te toco, que non te escoito. 12 meses cheos de tristura, nos que non deixei de botarte de menos a cada instante, nos que cada noite me durmía soñando con que ó día seguinte espertaría deste pesadelo. Pero iso nunca pasou, e o pesadelo segue a continuar.
¿Lembras cando de pequena ó ir pola rúa ti me querías coller da man e eu non quería porque me daba vergoña? Que inxenua era, non sabía o pouco que me ía durar o poder facelo, porque hoxe daríao todo por poder collerte orgullosísima da man polas rúas. ¿E cando me viñas espertar e eu berrábache que me deixaras durmir? Canto boto de menos iso...que naide me veña espertar. ¿Lembras as veces que me dicías que non volvese tarde para non enfadar a papá e eu non facía caso e ó día seguinte acababas chorando co enfado? Que mal me sentía daquelas, partíame a alma verte así, sentíame tan culpable...¿ E as veces que discutía con papá e viñas ti intentando que o entendera? Pois a día de hoxe sigo sin entendelo ama, pero aínda que non me creas, non volvemos a discutir. ¿Lembras as nosas sestas con Oliver no sofá? Pois aínda hoxe él dorme no teu sitio, cando lle deixo vai directiño, e mírame con cara triste, sabe que nos faltas ti. ¿Lembras a ilusión que me facía forrar os libros novos antes de comezar o colexio? Eu lémbroo cada día, o momento que era noso, que ti compartias conmigo, esa ilusión por comezar un novo curso.
Podería seguir así eternamente, recordando anécdotas e máis anécdotas, recordos dunha infancia que quedou atrás, pero tamén dunha vida que non volverá. Pero non me sirve de nada, máis que para seguir demostrándoche todo o que te boto de menos, todo o que me acordo de ti. Síntome sola e vacía, nada é o mesmo. Sei que non queres verme así, que quererías que fixera a miña vida, que estivera ben, que coidara de papá como a última vez que mo dixeches antes de irme, pero é que me faltas tí ama. A min vénseme moi grande todo isto, tocoume medrar de golpe cando enfermaches, despois de todas esas horas e horas que deixamos pasado no hospital, ti enchufada a unha máquina e eu ó teu lado co meu libro, pero isto superoume. Era moi cedo para irte, eu aínda te necesito máis que a ninguén, e papá e os avós e todos nós. Papá non é a mesma persoa, fóiselle a súa razón de vivir, fúcheste ti. El e eu non nos entendemos, e sei que no fondo ten a esperanza de que eu me parezca a ti, quere que lle recorde a ti, pero non se da conta que eres insustituible, que eu xamais poderei ser coma ti, que xamais poderei ocupar ese vacío que deixaches nel.
E eu síntome soa rodeada de xente... Cada día que me levanto toca poñer a coraza, finxir que todo vai ben, que eu son esa rapaza adulta que pode e vai tirar con todo, esa que todos admiran, ou a que pensan que non ten sentimentos, a rapaza que todos miran con cara de pena compadecéndose. Eu non podo con iso ama, non soporto esas miradas e palabras de compasión, non quero que naide me compadezca, porque ningúen me vai quitar a miña dor e non quero necesitar a ningúen.  E cada día ó caer a noite e meterme na cama, esa coraza queda feita trizas, acórdome de ti e as bágoas volven a humedecer a almofada, os recordos aínda doen e moito. Pensar en todas esas cousas que xamais poderemos compartir párteme a alma. ¿Sabes? Nunca che falei de ningún rapaz ó que quixen ou que me gustase, nunca coñeceras ó meu noivo, nunca vivirás o momento das presentacións, non me verás vestida de blanco camiño do altar do brazo do padriño, nunca compartirei contigo os meus problemas, nunca irei os domingos a comer a casa de mamá, non me verás embarazada nin poderás coñecer ós teus netos, non te sentarás con nós a escoller o seu nome,   non te verei envellecer nin ti a min, nunca compartirei contigo as miñas dúbidas sobre a vida, sobre o futuro.... agora que nos digan...¿é isto xusto? Non o é...despois de tanta loita, separáronnos moi cedo, e eu sígote necesitando aquí ó meu carón.
Ben, é hora de ir rematando esta carta. Só quero que sepas que te sigo querendo e añorando cada día, que todos te botamos de menos, que nada é o mesmo sen ti, que nunca superarei este vacío que deixaches en min, que aínda me quedan moitas bágoas por derramar pero ó non estar ti para secarmas, tampouco ninguén o fará.
Quérote moito mamá.


sábado, 24 de noviembre de 2012

BÁGOAS POR TI AMA

Bágoas, só bágoas. Bágoas que levan moito tempo gardadas e reprimidas, e que saen de repente, da nada, que me deixan vacía por dentro e rota de dor. Bágoas por recordos, bágoas por un tempo pasado que nunca volverá, bágoas por momentos inesquecibles, bágoas por sorrisos que nunca volverei a ter, bágoas por palabras que nunca volverei a escoitar, bágoas por caricias que nunca sentirei, bágoas por comidas que non probarei, bágoas por olores que non olerei, bágoas por roupa que xamais volverei a ver posta, bágoas por voces que non oirei, bágoas por reprimendas que non vou a ter, bágoas por risas que non compartirei, bágoas por miradas que non verei, bágoas por anécdotas que non contarei, bágoas por enfados que non sufrirei, bágoas por rabias que non se me pasarán o non poder existir, bágoas por pintalabios que non volverei a ver postos, bágoas por zapatos gardados que nunca sacarei, bágoas por mimos que xamais volverei a ter, bágoas por cousas que non che contarei, bágoas por momentos que non vivirei, bágoas por un abrazo que non me rozará, bágoas por unha pel que non acariciarei, bágoas por unhas xoias que non verei postas, bágoas por recordos encerrados con chave no fondo do corazón, porque só iso terei. Bágoas  por a persoa que máis quero e a que xamais volverei a ter, bágoas por a persoa que máis me quixo e que non me volverá a ver, bágoas por quen me deu a vida, bágoas por que me educou, bágoas por quen me criou, bágoas por quen me adorou, bágoas por quen se sentiu orgullosa de min, bágoas por quen me perdoou, bágoas por quen se enfadou conmigo, bágoas por quen me reñiu, bágoas por quen me fixo regalos, bágoas por quen me mantivo a ilusión, bágoas por quen me apoiou, bágoas por quen me fixo madurar, bágoas por quen me defendeu, bágoas por quen me despertou cada mañá, bágoas por quen admiro, bágoas por quen sufriu por min, bágoas por quen me cuidou ata o infinito, bágoas por quen se desviviu por min, bágoas por quen me arrebataron. Bágoas cheas de dor. Bágoas cheas de añoranza. Bágoas cheas de tristura. Bágoas cheas de rabia. Bágoas cheas de desesperación. Bágoas cheas de vacío. Bágoas cheas de desilusión. Bágoas cheas de desesperanza. Bágoas cheas de incertidume. Bágoas cheas de desexos perdidos. Bágoas cheas de anhelos imposibles. Bágoas cheas de amor de filla.
Bágoas por ti mamá.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Si tú quisieras....



Podríamos ser todo y nada a la vez. Podríamos ser más y mejor. Podríamos ser un día cualquiera lleno de sorpresas. Podíamos ser un barco de papel que no se hunde en el mar. Podríamos ser una moneda de dos caras que siempre diga que nada va a salirnos mal. Podríamos ser verano en pleno invierno. Podríamos ser un beso de los que calan en los huesos. Podríamos ser muchas noches sin dormir. Podríamos ser un juego jugado por dos. Podríamos ser miradas que se clavan. O palabras que se escriben solas en tu espalda. Podríamos ser un corazón dibujado con tu dedo en mi pecho. O una sábana blanca repleta de pétalos rojos. Rojos, como mis labios en tu cuello. Podríamos ser norte, sur, este y oeste. Podríamos ser cualquier cosa que sueñes conmigo. Podríamos ser un dinosaurio en peligro de extinción o un tesoro escondido en el fondo del mar. Podríamos ser caricias que recorren caminos sin ningún final. O una canción por terminar. Podríamos ser una historia de ciencia ficción, comedia, terror, amor. Podríamos ser fuego sin quemarnos. Podríamos ser silencios llenos de te quieros. Podríamos ser el mejor día de nuestra vida. Podríamos ser vértigo en lo alto de la torre Eiffel o tu risa rodeándome para que desaparezca el miedo. Podríamos ser un viaje alrededor de tu corazón en 60 segundos. Podríamos ser uno y olvidarnos del dos. Podríamos hacer la guerra para después hacer el amor. Podríamos ser tantas cosas como kilómetros tiene nuestra imaginación. Podríamos ser las ganas que nunca faltan. Podríamos ser la locura que gana la partida al miedo. Podríamos ser un beso lleno de pasión. Podríamos ser un volcán arrasando lo que encuentra a su paso. Podríamos ser la magia que vence a la distancia. Podríamos ser hasta lo inalcanzable...
 ¿ Te imaginas? Podríamos serlo, si tú quisieras...





jueves, 8 de noviembre de 2012

" A orillas de río Piedra me senté y lloré...

Amar es como una droga. Al principio hay una sensación de euforia, de entrega total. Después, al día siguiente quieres más. Todavía no te has enviciado, pero te ha gustado la sensación, y te parece que puedes mantenerla bajo control. Piensas en la persona amada durante dos minutos y la olvidas durante tres horas.

Pero al poco tiempo te acostumbras a esa persona, y pasas a depender totalmente de ella. Entonces piensas en ella durante tres horas y la olvidas durante dos minutos. Si no está cerca, experimentas las mismas sensaciones que los viciosos cuando no consiguen droga. En ese momento, así como los viciosos roban y se humillan para conseguir lo que necesitan, tú estás dispuesto a hacer cualquier cosa por el amor.






Abrázame....


Abrázame....
Me gusta que me abracen, ¿a ti no? Lo he descubierto hace poco, sí, aunque no te lo creas a mí antes no me gustaban, bueno, no es que no me gustasen, es simplemente que no les daba la importancia que tienen realmente (tonta de mí), será porque ahora no los recibo con tanta frecuencia...Bueno, el caso es que he aprendido a valorar lo que te ofrece una persona que te da un abrazo, no es sólo el contacto físico, hay algo más: es la sensación de sentirte querido, la oportunidad de sentir el calor de esa persona, la posibilidad de notar el latido acompasado de su corazón: pum pum, pum pum, un latido tras otro, y otro, y otro....
Así que por favor, no desaproveches la oportunidad de dar un abrazo a quien signifique algo para ti, quizá algún día los necesites y no tengas quién te los dé. Yo llevo un año sin poder dar ese abrazo y jamás podré darlo, no cometas mi mismo error.

Echo de menos un simple abrazo. Tu abrazo.