viernes, 27 de julio de 2012

non é certo para nada


En la vida #frases




en min into non se podo aplicar porque esta vida tan inxusta arrebatoume a persoa que máis quería, a que boto de menos a cada instante,  porque xa non a teño, porque xa non está ó meu lado, porque a necesito tanto, porque non hai día que non me levante pensando nela nin me deite sen lágrimas cada vez que a recordo....

Asi que sí, non sei si a vida me deu algo que non poida facer, pero si me arrebatou a alguén sin quen non podo vivir.

viernes, 20 de julio de 2012

un vinte de xullo moi diferente..


Un ano máis hoxe é vinte de xullo...pero é totalmente diferente a todos os dos meus recordos. Estou lonxe de toda a xente que quero, lonxe dos meus amigos e lonxe da miña familia. Faltáronme os abrazos da miña xente, dos meus amigos, esas risas de que cumplía un ano máis, eses tiróns de orellas, esa alegría. Faltoume a tarta de Miguel, esa tarta que pasabamos todo o ano planeando como sería, sentarme cos padriños a comer mentras o padriño me facia rir con cosquillas, faltáronme as caricias da madriña, esperalos na porta toda emocionada para recibir eses abrazos e curiosear a ver que seria o meu regalo,... Pero sobre todo faltoume despertar coas felicidades de mamá, ese bico co que sempre me daba os bos días e me daba o regaliño que tocase, faltoume oír a súa voz, aínda que fose ó outro lado do teléfono, faltoume sentila, faltoume ela!!! Ver que papá me dice un felicidades sin sentimento porque lle recordaron que me chamara non é o mesmo, en realidade non é nada, non llo tomo a mal, nunca se lembrou, menos se ía a lembrar este ano...
Por iso hoxe é un día máis, un día que non significa nada, un día que non me transmite nada, xa non. Xa non son a nena que esperaba con ilusión cumplir un ano máis, agora só me trae amargos recordos a pesar de que a miña familia de aquí fixeron todo o posible para que me sentira coma na casa, para que non me sentira soa, pero aínda que llelo agradezo na alma non é o mesmo, nunca será o mesmo, porque a miña vida xa nunca será a mesma.
E outra lección a aprender é que non hai que esperar nada de quen non che demostra nada, aínda que ti llo demostres todo. Que se olvidara de min neste día doeume, e doeume moito. Unha chamada ó final do día non o compensa, e menos cando somos dous descoñecidos falando, porque iso tamén doe.
Só quedan quince minutos deste 20 de xullo de 2012, e mañá levantareime e xa pasaría o día, por fin. Xa non me gusta o día do meu cumpleanos, xa non son a nena ilusionada, agora son a rapaza triste e melancólica duns recordos que xamais volverei a ter.

miércoles, 18 de julio de 2012

dimelo...lo necesito!!!!


Si me sientes dímelo
aunque sea esta vez.
Si me mientes dímelo,
pero sálvame.

Es difícil para mí creer
cuando todo se repite una y otra vez.
Hazme sentir
lo que tu boca es capaz de decir.
Hazme saber
que de verdad estás ahí.

Si me sientes dímelo
aunque sea esta vez.
Si me mientes dímelo,
pero sálvame.

Quiero creer en tus palabras,
pero se hacen tan amargas
en esta oscura noche de soledad...
Que la confusión
me arrebata la calma
Y mi alma grita en busca del amor que perdió.

Y si me sientes dímelo
aunque sea sólo una vez.
Si me mientes dímelo,
pero sálvame.

Porque no soy nada, nada, nada
si no tengo tu amor.
Si no estás, ay!
Si no estás, amándome..

viernes, 13 de julio de 2012

.ti non, por favor, ti tamén non...



Simplemente confiei demasiado en ti, en que eras diferente, en que non me ibas fallar, nin decepcionar...Tiña demasiadas esperanzas postas en ti...pero eres como todos. Evidentemente non tes a culpa de que doa saber que estiveches con outra persoa, eres libre, podes facer o que queiras con quen queiras e cando queiras, non me tes nin que dar explicacións...pero eso non quere decir que non me pasara a semana sen poder sacar da miña cabeza esa idea, e sobre todo saber que iso me doeu profundamente, moito máis do quixera. Doe saber que sinto celos, que sinto rabia, que sinto decepción, que me sinto defraudada....dóeme saber que as miñas ilusións eran en vano.
Necesitábate a ti, necesitaba a relación que tíñamos, e estaba disposta a esperar e facer todo o posible para que todo saíse ben, e agora simplemente me sinto máis vacía si cabe. Sinto que xa perdín a última esperanza que tiña para facerme sorrir, perdinte a ti, e o que eso conleva, volvín perder a ilusión, as ganas de tirar por algo, porque agora xa non teño nada, porque tampouco te teño a ti.
E aquí estou de novo, soa, a mil quilómetros da miña xente, a mil quilómetros de ti, perdida, vacía, sin ganas nin ilusións, triste e doída. Unha vez máis, todo o que apostei por alguén saiu mal. Outra vez se repite a historia, outra maldita vez.


miércoles, 4 de julio de 2012

te extrañaré siempre....


http://www.youtube.com/watch?v=tUliBzzGI60


non hai canción máis intensa e que me faga caer lágrimas como esta....a letra desta canción e a miña realidade...
Bótote tanto de menos...añórote tanto q cada día sigue sendo moi difícil, a pesar de que pensei que aquí sería máis fácil, non o é...aínda non me acostumbrei a q sone o teléfono e non sexas ti, q me xamas para que che conte o meu día. Cada noite antes de deitarme sigo imaxinando que ó día seguinte todo volverá a normalidade, que estarás ahí, porque sigo sin crer que xamais te volverei tocar, nin sentir, nin escoitar, nin abrazar, nin oler, nin acariciar... ¿Por qué a vida ten q ser tan inxusta?
¡¡¡¡ Necesítote tanto mamá!!! daría o que fose por terte aquí, conmigo...porque sigo sin saber vivir sen ti, porque non son capaz nin de recordarte porque me fai daño, porque só consigo que me caigan máis e máis bágoas. Estou aquí soa, sen ti, sen naide...nunca me sentín tan vacía...e o peor e que nunca te volverei a ter, e non sei si poderei con esta vida que me tocou vivir sen ti....e non podo facer nada, só chorar e intentar consolarme pensando que  mañá será un día mellor...pero non , nunca o é.....

domingo, 1 de julio de 2012

quédate con quen te faga sorrir....


Porque resulta duro ver que hai xente a que lle da igual perderte, e que non é capaz de loitar por ti aínda que o necesites, ver que despois de todo nunca está cando o necesitas e sintes que non lle transmites nada.




Por iso quédate con alguén que te valora, te aprecia, te escoita, te anima, che rouba un sorriso cando parece que todo está acabado. Ese alguén para o que ti sí eres importante e cho demostra.

Encantaríame poder terte o meu lado...bótote tanto de menos e necesítote tanto..q nin tan sequera o podes imaxinar!!