sábado, 29 de septiembre de 2012

non quero pensar, hoxe non....


Hoxe simplemente quero deixar a mente en blanco, non quero pensar, non quero que me asalten os recordos de épocas pasadas nin a nostalxia, non quero sentir,  non quero ver fotos, non quero!!
Hoxe dudo ata de min mesma, e a miña coraza está tambaleándose e non quero que venza, porque ten que seguir gañando esta loita a coraxe e a dignidade.
Hoxe non por favor....

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Quiero mi verdad!!



Quiero creer en el cambio constante que busca lo mejor y no se conforma con la norma. No puedo perder la fe y aún así quiero ver de lo que la gente es capaz, aunque no deje de sorprenderme lo que la vida me tiene predestinado para cada día. No quiero perder la fe en la humanidad, en nuestros corazones, en nuestra bondad. No quiero olvidar quien soy ni puedo olvidar mis principios y valores. No quiero cerca una historia si está hecha de unas hojas finísimas que escribió un desconocido. Yo quiero mi verdad.
Picasso pintaba un cuadro, lo repintaba encima y lo volvía a pintar otra vez, hasta sentirse conforme. Hacía desaparecer cientos de formas para quedarse con su verdad. Y en este ensayo de mi propia vida, vuelvo a dibujar sobre lo dibujado una y otra vez, equivocándome de nuevo y aceptando mis propios errores. Pero no me resigno a tener un mero boceto de mi vida, yo sigo anhelando mi verdad.
Y ahora te dibujo a ti, porque te toca y porque mereces que te haga un hueco entre tantos garabatos, entre tantas preocupaciones, entre esa parte del mundo que confía en que aquí o en otro lugar menos tangible, viviremos siempre, y esa otra que desconfía hasta de su propia sombra.  En esta playa tan fría, apenas pisada, tengo arena suficiente para escribir y borrar, y volver a empezar toda una historia. Quiero que tú formes parte de mi verdad.



domingo, 23 de septiembre de 2012

pensamiento....


A veces, cuando digo: " Estoy bien", lo que quiero es que alguien me mire a los ojos, me abrace fuerte,  y diga: " Yo sé que no lo estás"...






miércoles, 19 de septiembre de 2012

necesitoo de verdad!!!


E non sabes canto o necesito, canto o añoro, canto de boto de menos....dios!!! q inxusto é todo isto....cada vez acordóme máis de ti, das túas palabras, dos teus xestos....necesítote tanto!!

sábado, 15 de septiembre de 2012

contradiccións....


 


Quizáis sexa o sentimento máis intenso....

Esas risas que secaron tantas bágoas ou as evitaron merecen un final feliz!!!







 Pola  contra en toda historia sempre existe a parte mala que non deixa que ese sorriso sexa de completa felicidade...
 




jueves, 13 de septiembre de 2012

aceptarías??




Encantaríame terte aquí, ó meu lado, poder abrazarte, que ti me abraces, sentirte cerca, rirme contigo, poder ver unha peli e comer chuches (sí, sei que non che gustan as palomitas), facer o tonto, que me fagas cosquillas, que me acaricies, escoitarte falar, que me contes mil anécdotas, que me enseñes fotos da túa xente, que me fales da admiración que sintes por túa irmá, dos defectos de teu irmán, compartir opinións, debatir sobre libros e máis libros, que me soples no pescozo, que me des un bico na meixela dos que me fan estremecer, poder morderte para que me mires con cara de pícaro....todo iso que te convertiu en alguén tan especial para min!

Pero téñote lonxe, hai moita distancia de por medio....E mentras teño que seguir conformándome recordar os bos momentos que compartimos e con imaxinar mil veces como pode ser ese primeiro bico....¿chegará algún día?  E sí, tamén seguirei soñando con todas esas cousas das que teño tantas ganas de poder compartir contigo...

lunes, 10 de septiembre de 2012

son débil...



Sólo queda aceptalo e aprender a vivir con eso....aínda que a veces coste ser racional.

sábado, 8 de septiembre de 2012

sigo botándote de menos....





Eras unha simple persoa, unha simple persoa que entrou na miña vida fai anos, e que un día de repente fixo que todo cambiara...deixaches de ser o meu neno para convertirte en algo máis, convertícheste na miña vida. E agora que xa non o eres sigo sin deixar de botarte de menos, sigo añorándote a cada momento, sigo tendo a esperanza de que algún día todo poderá a volver a ser como antes, que eu volverei a ser o teu pitiño e ti o meu neno, ese neno que era a inocencia personificada, quen me chamaba cando se metía en líos ou tiña problemas, ese neno por quen me preocupaba, quen me facía rir contándome as súas aventuras e disparates, co que me teño rido e o que lle teño secado bágoas, ese neno vulnerable o que intentaba protexer e ó que eu quería...
Pero xa non, pasaron demasiadas cousas entre nós para que iso poida ser,somos demasiado diferentes a aquelas persoas de fai anos....pero eu sigo sin resignarme a que non formes parte da miña vida, aínda que non o merezcas como di todo o mundo, négome a crer que iso será así...pero todo semella que o que eu queira non ten ningún valor...

lunes, 3 de septiembre de 2012

despedida definitiva??






Non sei si desta vez foi a despedida definitiva...só sei que levo 7 días sen falar contigo, 7 largos días sen saber nada de ti, sen unha mensaxe, sen unha chamada...só vivindo na miña soidade. Descoñezo o motivo de todo isto, non sei nin quen está ou debería estar enfadado, decepcionado ou doído, non sei porque esta distancia, e moito menos entendo que a puxeses ti porque non tes ningún motivo. Quen os tería sería eu, e eu son incapaz de sacarte da miña vida, por iso me doe tanto que para ti sexa tan fácil. Nunca estás cando te necesito, nunca me sorprendes, nunca me das máis do que espero....sempre é o contrario, unha vez tras outra decepciónasme, unha vez máis corren bágoas por as miñas meixelas ó pensar en ti, unha vez máis estou doída por a túa indiferencia, e unha vez máis estou aquí sentada escribindo como me sinto por non poder compartilo con ningúen, para non escoitar máis reproches, máis "xa cho dixen", máis "isto tiña q haber pasado fai moitos meses", etc.
Xa estou cansada de todo, de ter por cada día bo cincuenta malos, por cada sorriso cen bágoas, sei que teño que pasar páxina, pero tamén sei que non te dou sacado da miña vida, que me sigue doendo esta indiferencia.
Non sei como farei para ter entereza e someter a miña vontade a miña propia decisión racional, pero no fondo sei que teño que conseguilo, que teño que poñerme de novo a miña coraza e convertirme nese pedazo de xeo que nin sente nin padece. Será a única forma para poder pasar páxina e seguir adiante sen ti.