lunes, 29 de octubre de 2012

18 meses despois...

A noticia que levaba esperando 18 meses chegou....non me imaxinei nunca como sería ese momento, simplemente o desexaba. E agora que chegou resúltame casi indiferente, non fai que nada cambie dentro de min, de feito non quixen saber nada sobre o tema aínda estando a miles de quilómetros de ti. ¿Resulta curioso verdade? Soñei tanto con ese momento, que agora que chegou ese momento somos dous descoñecidos, eu non sei nada sobre ti exceptuando o que me van contando, e ti non sabes nada sobre min nin te molestas en saber. Pois ben, eu seguirei comportándome como nos últimos meses, porque non quero nin acercarme a ti, a pesar de que cada vez que escoito o teu nome se me faga un nó no estómago, que se me seque a boca, que intente seguir a conversa con unha normalidade que non sinto. Porque aínda, a día de hoxe, sei que me sigue resultando difícil manter esa coraza que me protexe, porque se tambalea cada día, pero estou máis que disposta a loitar para que siga no seu lugar e non se derrumbe. E só quero seguir alonxada de ti, porque doutra forma sei que non o podería conseguir.

miércoles, 17 de octubre de 2012

rutina....


Xa tocou volver á rutina, aquí levo dous días na miña soidade,sen ti, sen vós. E aquí me toca volver pasar semanas antes de volver a estar na miña terra coa miña xente.... iba tan decidida a decirche o que pasa por a miña cabeza, pero foi verte e todas esas palabras se quedaron atragantadas dentro de min. Bótote de menos, boto de menos estar contigo, saber de ti....
E si, xa decidín que hai etapas que se teñen que cerrar, porque non deixas de decepcionarme, e xa chegou o meu límite, decidinme a non permitir que sigas sendo o meu norte, xa non.
E só sei que non quero pensar, que quero vivir desconectada de todo, quero seguir en modo off...polo menos ata que xegue o momento de plantearse volver.

miércoles, 10 de octubre de 2012

vida inxusta...

Despois da tarde de hoxe tería mil cousas que quero decirche, pero sei a resposta, sei q non pode ser e iso xa fai q me quede en blanco e sen palabras....encantaríame que todo poidese ser tan diferente, non entendo por que eu nunca podo ser feliz, porque a vida nunca me da nada despois de todo o que me arrebatou...pero é así. Ti non podes ser para min.

martes, 9 de octubre de 2012

sensacións....

Estou na miña casiña de novo, e teño tal torrente de emocións que non sei nin por onde comezar a sacalas....
Verte, e ver que nin eres capaz de acercarte a saudarme doeume pero encheume de tal rabia que creo que eclipsou á dor, e por riba sigo enterándome de cousas de ti que non desexo saber, pero que fan que siga descubrindo máis e máis cousas que non me gustan. Ó fin terei que darlles a razón a todos, e era eu a equivocada, por confiar en ti, por crer que eras diferente. Agora sí que teño claro que non te quero na miña vida, que non mereces estar nela.
Pola outra banda estás ti...ti, q non saes da miña mente, ti, que me perdes, que me desconcertas, que me acercas, que me apartas, que eres dulce, que eres frío, que sempre me das unha de cal e outra de area....E sigo sen saber que facer contigo...só teño claro que non quero perderte...pero...non semella nada fácil. Non sei nin como afrontar isto, hai veces que ata os celos me consumen, e hai outras que intento distanciarme...pero consigues derribar o meu muro unha e outra vez...
E na casa...sigue sendo unha casa axena, para nada teño os sentimentos de cando volvía fai un ano, isto é un fogar frío e vacío, xa non é o meu fogar...non me transmite nada, simplemente rutina, nin amor nin cariño...só frialdade e unha sensación de vacío que me invade e me anula...
Por sorte o meu refuxio seguides sendo vós...os meus amigos incondicionais, os que sabedes sacarme un sorriso por riba de todo, con quenes me encanta ir de cea, de paseos, de charlas... si souperades todo o que vos podo chegar a botar de menos!!!
E xa só me quedan 5 días....5 miserables días cerca de vós....

miércoles, 3 de octubre de 2012

tengo ganas de ti...

Es el momento de escribirte lo que nunca fui capaz de decirte.  Aunque sea tarde, escribir lo que ha sucedido en una carta que no te voy a mandar, que no vas a recibir nunca. Que como tú me enseñaste, cuando acabe de escribirla la quemaré, los sentimientos se pondrán a arder, y ese dolor...¿cómo era?...Ah si, ese dolor no se te queda tan dentro.
Esta vez sólo quiero ser claro, sería un imbécil si no gritara que me he equivocado desde el principio contigo. He intentado avanzar sin apartar antes las cosas que lo impedía, agarrado al pasado, mirando para atrás, queriendo olvidar pero sin parar de recordar, empeñado en quedarme ahí. ¿Qué locura no? En medio de un lado y del otro, sin perdonar, sin perdonarme, sin avanzar.
¿Dónde está el secreto del futuro? Puede que esté en fijarse bien, en avanzar, mirar más cerca, más, tan cerca que lo borroso se vuelve nítido, se vuelve claro. Sólo hay que dejar que las cosas pasen, Y ahora lo tendría claro, aunque ya no depende de mí...













lunes, 1 de octubre de 2012

felicidades ama

Hoxe sería o teu día, hoxe cumplirías 58 aniños, hoxe tería q despertarte con un felicidades, con un bico, co teu regalo, ese q tiña pensado facerche e q ti levabas tanto desexando (a miña foto no colgante da cadena). Pero non, non estás porque o cruel destino te arrebatou de min. Só sei que non te teño, que non estás aquí, que te necesito tanto, que me atormentan tantos recordos, que non podo parar de chorar, que cada vez que penso en ti só me caen bágoas, porque te boto de menos a cada instante, porque non soporto non terte, non oírte, non abrazarte, non sentirte. Necesito a tua dulzura, a tua comprensión, o teu amor, o teu cariño...necesítote a ti mamá!! Pero sei que non te podo ter, e aínda así non me resigno, unha parte de min non se resigna a aceptalo...
Non me sirve de nada decilo, non me alivia a dor que sinto, pero aínda así...moitas felicidades ama! donde queira que estés...oxalá me poidas escoitar, e si existira a xustiza ti estarías hoxe ó meu lado. Pero non existe, e eu non te teño, e cada día sen ti sigue sendo un calvario, porque a miña familia non existe sen ti, porque ti eras a miña familia, o meu apoyo, eralo todo mamá, ainda que nunca cho dixera, ou aínda que nunca cho demostrara, eras a miña vida! E ahora non te teño, e non teño nada... Nin siquiera estou na casa para poder levarche flores, nin ese mero detalle podo facer, e estou hoxe tan falta de forzas que sinto que se me derrumbou o mundo encima sin ti. Oxalá puideses estar aquí, daría o que fose por terte ó meu lado, Quérote e sempre te quererei, nunca te sacarei do meu corazon, nunca olvidarei ningún detalle que me recorde a ti, nin a tua sonrisa, nin a tua mirada, nin as tuas caricias, e todo o mundo sabra a maravillosa persoa que tiven por nai...oxalá noutra vida si existe, poida volver a verte. Quérote tanto mamá!!