miércoles, 26 de junio de 2013

Tristura....

Iso que me vai comendo por momentos, que me anula, que me arrincona....Non sei como combatila, non sei como anulala, só sei que me deixa vacía e perdida completamente.
Bágoas que corren por as miñas meixelas sen un motivo claro, supoño que son unha mestura de moitos sentimentos calados e condenados o esquecemento. Sentimentos que cando saen á luz consiguen desterrarme a min a oscuridade e a esa soidade que me fai dudar ata da miña sombra, esa añoranza que me doe, eses recordos que fan sangrar as vellas feridas e seguen facéndome sufrir en silencio.
Sigo botándote de menos a cada momento, non hai ninguén que nin por asomo poida axudarme a facer levar mellor a tua ausencia, esta casa non é nada sin ti, é como unha condena, non me transmite máis que unha responsabilidade que me vén grande e que sigo sen saber como afrontar cos problemas de cada día, isto non volverá a funcionar xamais sen ti, non somos capaces de seguir adiante.
Sei que estou rodeada de xente, pero non consigo deixar de sentirme soa, por moito que intente ocupar as miñas horas e facer cousas, iso non desaparece, senón que sigue estando ahí presente a cada momento. Xa non sei como combatila....Ó fin e ó cabo, sí, estou soa, é así.
Non sei que me ocorre, só sei que ti gañas a partida, esa tristura que me vence e que non sei como apartala de min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario