jueves, 25 de julio de 2013

DIA NEGRO PARA GALIZA

Hoxe é un día negro para Galicia, para toda esa xente que iba nese tren, para os seus familiares e amigos. Non podo imaxinarme a dor que sentirán, pero sí me dan escalofríos só de pensar que eu ou calquera dos meus seres queridos podía ir nese tren, que en calquera momento unha desgraza así pode suceder, que está a volta da esquina e cando menos o esperamos.
Tan só unha palabra porque non hai consuelo posible: ÁNIMO.

sábado, 20 de julio de 2013

20 de xullo...un día máis

Hoxe é vinte de xullo, vinte de xullo de 2013, e é un día que non me aporta nada....foi un día máis, un día no que o teléfono sonaba cada pouco no que alguén querido se acordaba de que é o día do meu cumpreanos. Pero eu estou aquí, lonxe, a mil quilómetros de toda a xente que quero, soa, así que é un día máis. Simplemente encantoume ver que as novas tecnoloxías acercan a xente, irme a dormir despois de estar vendo e falando cas miñas amigas, coa miña casa....parece que enche un anaquiño máis o corazón.
Faltáronme felicitacións, claro que sí...pero algunhas xa non as esperaba e outra sei que xamais a volverei a ter. Así que cumplir un ano máis xa non me aporta nin ilusión, simplemente é un día que hai que pasar desexando que acabe canto antes.
E sí, doeume que nin unha mensaxe me mandara, que se limitase a un mero comentario nunha rede social como si fósemos dous coñecidos simplemente, pois non, non me gustou.
Está a rematar este día, xa, por fin... mañá cando abra os ollos xa pasou este 20 de xullo, cheo de nostalxia e recordos que xa non volverán.

martes, 9 de julio de 2013

volta ó sofá vermello....

Estou no meu sofá vermello de novo, e a verdade é que a volta de momento está sendo moi boa, creo que necesitaba alonxarme de todo, das preocupacións e desa vida vivida para os demáis, xa que aquí só importo eu. Non sei como explicalo, simplemente non me sinto presionada, síntome libre. Sí é certo que boto cousas de menos da miña terra e da miña xente, pero espero que este tempo que me queda por diante sexa tan levadeiro como os primeiros días. ¡Por fin podo respirar!
E como non, sigo sin saber nada del, non tivo nin un oco para dicirme adeus e nin se molestou en preguntarme como me fora a volta...sí, xa me quedou claro o importante que son na súa vida. Desde logo non entendo porque teño tan pouca sorte ó permitir a entrada de xente nova na miña vida e no meu corazón, porque despois sempre traen consigo tristura e decepcións. Está claro que quenes merecen a pena, son os que realmente están ó teu lado día a día. ^
E do innombrable mellor xa nin falar, a verdade é que me vai vir ben estar alonxada do entorno todo que temos en común, isto facilita que certas cousas non doan tanto. Todo ten un final, e estou segura que pronto lle chegará que xa vexo luz ó final do túnel, simplemente algo máis de paciencia necesitarei, non podo desanimarme, conseguirei arrancalo de dentro de min.
E por hoxe xa está ben de filosofar dentro do meu cerebro...non vaia ser que saquemos sentimentos que andan intentando pasar desapercibidos....

jueves, 4 de julio de 2013

precioso momento!

Preciosa canción para demostrar lo que todas anhelamos, que somos queridas por el amor de nuestra vida.
 SIN PALABRAS, SIMPLEMENTE PRECIOSA Y EMOCIONANTE.

rabia por non entenderte...

Supoño que sigo esperando demasiado da xente, e non deixan de defraudarme. Sigo confiando na bondade, en que lles importo, en que me aprecian, pero os feitos demostran outra cousa. E esta vez non vai por o de sempre, por ese "innombrable" senón por outra persoa que semella seguir os seus pasos.
Dame rabia, dame coraxe o teu comportamento, porque non o entendo, non te entendo. Non sei para que te acercas para despois alonxarte, para non ser capaz de demostrar nada, nin un mínimo de cariño ou preocupación. Podes pasar meses sen verme nin saber de min, e cando nos encontramos é como si nada pasara, como se todo estivese igual, eres alguén cercano a min, demasiado cercano a veces ata diría eu, e iso que non quero nin pararme a analizalo.
Non sei por qué te comportas así, pero dóeme, e o peor de todo é que non creo que nin saber iso che preocupe.
Sinto tanta rabia por verte así, que non entendo o porqué.
Entraches na miña vida para saír rápidamente, para iso fora mellor q xa non entraras.
A partir de agora procurarei recordar que:

"La única persona que necesitas en tu vida, es aquella que te demuestra que te necesita en la suya."

miércoles, 3 de julio de 2013

Amor de locos


"... Yo aún me pregunto que pasó
con nuestro amor de locos, 
y aún no sé porque se rompió sin darnos cuenta; 
por qué dejamos escapar
todo aquello que un día
nos hizo tan felices y nos llenó el corazón..."


"... Si supieras que yo aún sigo esperándote
que aún no sé como hacer para alejarte..."





martes, 2 de julio de 2013

unha familia que xa non existe...

Faltas ti, e sen ti isto non funciona, non existe xa esta familia, non existimos como persoas unidas que fomos nun pasado, non existe o amor paternal, non existe o teu orgullo de min, non existimos nin sequera nós xa.
E o peor de todo, e que xamais o recuperaremos, nin te recuperarei a ti.
Fáltasme a cada momento, e sigo necesitándote, aínda que sei que xamais te volverei abrazar.