domingo, 24 de febrero de 2013

Confiemos nun mañá mellor

Supoño que hai feridas que nunca cerrarán de todo, que hai cousas que nunca deixarán de doer, que hai recordos que non poden asomarse sin danar. Non sei si iso é xusto ou non, para min non, porque impide seguir coa túa vida hacia diante. Teño demasiadas cousas que me doen aínda, cicatrices que siguen sangrando ainda que o mundo non se de conta. Non todo é tan sinxelo como parece, detras de cada sorriso pode haber unha bágoa a piques de saír do seu escondite, detrás de cada mirada alegre pode haber un corazón que sigue sufrindo en silencio, detrás de cada palabra pode haber moito significado oculto, detrás de cada xesto de ignorancia pode haber un desexo de abrazar, detrás de cada xesto de frialdade pode haber demasiado amor.
Non sei ata cando pode durar iso, non sei a que camiño nos pode conducir. Finxir que somos quen non somos non é a mellor maneira para seguir adiante, seino. Pero tamén sei que non podo mostrarme vulnerable ó mundo, porque me arrisco a que me faga máis dano si cabe. Non son quen era, seino, nin nunca poderei volver a selo por moito que añore esa etapa, pero tampouco sei quen quero ser agora mesmo.
Sei que vivimos rodeados de inxustizas, pero négome a ter que seguilas acatando. Si a vida consiste niso non é digna de ser vivida. Xa estou farta de só ver desgrazas ó meu redor, de non poder ser feliz, de que non haxa nada que salga ben, de non poder facer uns plans de futuro como os demáis mortais, de non sentirme feliz. Apenas lembro iso...a última vez que fun feliz.
 ¿Qué é sentirse feliz? Non sei como describir con palabras unha sensación esquecida nos mares do olvido. Creo que a felicidade forma parte desa utopía ca que soño, pero non sei cales son os factores que me poden levar a alcanzala tan sequera. Síntome totalmente perdida nun mundo que está a piques de comerme, que me supera un pouco máis cada día, o único refuxio son as noites, pero ahí traizóame o subconsciente, soño con persoas que me nego a aceptar que están fóra da miña vida, persoas que a vida me arrebatou ou que saíron dela. Neses soños sí son feliz, soñando cun pasado mellor ca xente que aínda sigo querendo sin que haxa remedio para poder evitalo. Pero detrás de cada noite e cada soño, hai que enfrontarse a un novo día, e sigo sendo eu: vacía, perdida, soa, vulnerable. Hai que poñer de novo esa coraza, que xa non sei si me protexe ou me perxudica, pero que pode que sea o meu único refuxio.
Non quero perder a esperanza de que cheguen tempos mellores, ó fin e ó cabo iso é sempre o que me din, pero non sei canto poderá durar esa esperanza. Xa van dous anos, e non vexo trazas de que isto poida chegar a mudar e trocarse nun día a día levadeiro e feliz. Pero haberá que facerlle caso ó refrán e confiar en que o malo non dura sempre e mañá será un día mellor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario