miércoles, 24 de abril de 2013

Non podo con todo, non.

Síntome a punto de reventar en calquera momento. Non podo co mundo a costas, non podo cos problemas de todos, non son de ferro. Todo o mundo se refuxia en min, e eu xa non podo máis, non podo solucionar todos os problemas que me rodean, non sei nin como afrontar a miña propia vida. Teño 24 anos e non sei porque a mala sorte se ensañou tanto conmigo....síntome tan nena para afrontar todo o que teño ó arredor que moitas veces o único que quero e facer un burato na terra e desaparecer.
Anhelo ter ilusión, alegría, ganas de vivir....añórote a ti mamá.

viernes, 19 de abril de 2013

Sí, añórote, recoñézoo.

Bótote de menos, tanto que creo que non son capaz de explicalo en palabras, e dóeme no máis profundo do meu ser ver que xa non son parte da túa vida, ver que ti me sacaxes de ela e non notas a miña falta. Fágome cada día a promesa de que non me importas, que non me importa nada que teña que ver contigo, pero cada noite se me fai anacos o recordar momentos compartidos. Añoro a tranquilidade que me transmitías, a seguridade en min mesma que me facías sentir, o cariño que depositabas en min, añórote a ti e a vida que tiña contigo cerca. Non soporto ver que non estou na túa vida, ver que están outros que fai un par de anos nin coñecías, e no fondo dóeme seguir entendéndonos cunha simple mirada, porque eso é un resquicio do que algún día chegamos a ser o un para o outro e que hoxe tan só é unha mera anécdota de algo que xa non temos.
Todo se fai algo máis fácil cando non te vexo nin te teño cerca, pero nos momentos en que as nosas vidas se cruzan rómpese algo máis dentro de min, non me acostumo a ter que tratarte como a un descoñecido, a ti, ó meu neno.... non quero, algo dentro de min négase a aceptalo.
Ninguén me entende, e tampouco pretendo que o fagan despois de todo, pero xa tampouco me sirve ocultalo: sí, bótote de menos e oxalá fose alguén importante para ti, alguén a quen coidaras, mimaras e protexeras como nos bos tempos, como naqueles tempos.

jueves, 18 de abril de 2013

O pasado pasado é...

MELANCOLÍA
AÑORANZA
TRISTURA                                         POR UN PASADO QUE NUNCA VOLTARÁ.
SOIDADE
VACÍO

jueves, 4 de abril de 2013

:-(

Para siempre no dura tanto como esperaba....

Y las palabras se las lleva el viento....

martes, 2 de abril de 2013

felicidades morenazo!!!

Felicidades a esa persoa tan especial para min, a ese casi irmán, mellor amigo, mellor persoa que coñezo. Nel representánse todos os valores da palabra amizade: é quen me mima, me cuida, me protexe, me sabe roubar un sorriso cando ninguén máis pode, e me axuda a tirar pa diante día a día. É o mellor que teño o meu lado e oxalá siga compartindo cada cumpleanos con él, porque forma parte de min e non me imaxino sin él, simplemente.
Felicidades por eses 25 e oxalá siga felicitándote cada ano ata o final, lembrándoxe que cada 3 de abril cumplirás un ano máis, para así seguir atesourando recordos e compartindo momentos.
Quérote.

lunes, 1 de abril de 2013

extraña vida si....

siiii...demasiado extraña diría eu....¿ cal é a solución para poder cambiala? ¿Por qué non podemos loitar contra iso? ¿Por qué sigue sendo superior a nós? ¿Por qué non pode a mente co corazón? Demasiadas preguntas para poucas respostas...