martes, 14 de mayo de 2013

segue doendo, e moito...

Doe, doe moito. Verte e facer que non. Ir a saudarte e pensalo mellor. Mirarte e seguir andando. Observarte de lonxe, sen ir a falar contigo. Non sei como chegamos a isto, pero a min párteme a alma e o corazón, e máis sabendo q a ti nin che causa a máis mínima dor de cabeza. Encantaríame poder bloquear todo, todos eses sentimentos que a min sí me quitan o sono.
 Esta dor que sinto, esta decepción, acabará por gañarlle a partida a esperanza. E xa me da igual cal sexa o futuro, só desexo que deixe de doer, q a ferida deixe de sangrar, xa está ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario