martes, 7 de agosto de 2012

volver á casa....


Xa pasou o tempo, xa pasaron esas 6 semanas e chegou a hora de voltar á casa. E algo falla dentro de min....estou asustada, non teño as ganas que debería ter, aínda que finxo que sí a cada instante non me acabo nin de convencer a min mesma. Realmenten non sei que me asusta. Sei que voltar á casa e que ela non esté vai ser difícil porque aínda non acabo de acostumarme, volver a ese panorama caótico, unha casa que xa non significa nada, volver a ter que afrontar todos os problemas dos que se queixan, volver a ter que tirar con todo e por riba de todo eu soa, oíndo só queixas hora tras hora...pois non é o mellor plan de vacacións. Será voltar a unha casa que xa non é a dos meus recordos, e áinda que pasaron moitos meses aínda sigo imaxinando que é todo un pesadelo e mañá todo voltará a normalidade, pero non o é, e hai que seguir afrontando a dura realidade, unha realidade que sigue asustando día tras día.
E tamén me asusta saber como pode estar todo, realmente neste pouco tempo houbo cousas que cambiaron, cousas que quizáis me poidan doer, persoas que me decepcionaron e as que non vexo cos mesmos ollos, e pode que todo iso pase factura tamén. Asústame chegar e ver que non é a mesma situación que cando marchei, asústame ver que podo ver a descoñecidos en persoas que significaban moito para min...
Sí é verdade que teño ganas de ver a miña xente, pero sobre todo a alguén moi especial. Necesito un dos seus abrazos, das súas miradas, sentilo cerca, sentir que anima tan só con facerme sorrir. Porque estas semanas fixéronseme interminables téndoo tan lonxe. Por iso necesito tempo con él, porque o boto moito de menos, porque cada día costa sen él axudándome. Sí, é o meu morenazo, é  él, só él. ¡E teño moitísimas ganas de velo e abrazalo!
Polo demáis....non sei....serán 17 días, que poden ser marabillosos ou horrorosos...pode que cando pasen desexe quedarme ou desexe virme...pero polo menos estarei na miña casa rodeada da miña xente....¡oxalá me sinta agusto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario