lunes, 27 de agosto de 2012

xa tocou volta a rutina....


Xa pasaron eses dezasete días na miña terra, acabáronse as vacacións e toca voltar á rutina....pero aquí volvo estar con un nó no estómago, coa sensibilidade a flor de pel, intentando non pensar en nada porque só caen bágoas por as miñas meixelas, cunha sensación de tristura que me supera...e o peor é que non sei cales son os motivos....sinto como unha parte de min está vacía, porque me doe deixar a miña xente a que cada día necesito máis, porque cada vez cóstanme máis as despedidas, poñer boa cara e finxir un sorriso, cando me está partindo a alma cada unha.

Iba aterrada, con moito medo a como sería a situación en varios aspectos...e a verdade é que o balance foi moi positivo, moito mellor do que podería esperar! Volver ter os seus mimos, os seus abrazos, ver que estaba todo como sempre ou incluso mellor...deume a vida e fixo tan difícil a volta ...creo que xa o necesito máis do que me gustaría, así que toca volver a poñer a coraza antes de que sexa tarde!

E como non, sempre hai unha parte negativa, esa persoa que unha vez máis me volveu decepcionar, o que nunca ten tempo para min, e o día que pasa conmigo e como si fósemos dous descoñecidos, con unha frialdad que nunca lle vin. Sentíame descolocada, por riba tiña que finxir que non pasaba nada e todo estaba ben para que os demáis non me machacaran, e non sabía nin a quen tiña enfrente. Despediuse de min coma dun coñecido, como alguén totalmente axeno a miña vida, asi que iso vou intentar que sea a partir de agora...Non sei aínda como o farei, pero xa me cansei, isto ten que ter un punto e final, aínda que coste e doa, non podo seguir así.

Encantáronme tantas tardes de risas cos meus amigos, con esas partes tan fundamentais da miña vida, o día na praia, os cafés analizando a vida...todo iso que boto tantísimo de menos!!! Hoxe por hoxe creo que son o máis importante que teño, e dóeme telos tan lonxe de min... Oxalá non separaran tantos quilómetros as miñas dúas vidas, oxalá as puidera compaxinar mellor....
Pero non se pode....agora toca voltar a sacar toda a fortaleza do mundo para que estas semanas que quedan por diante sexan o máis levadeiras posibles aínda que vos bote de menos a cada instante...

No hay comentarios:

Publicar un comentario