viernes, 19 de abril de 2013

Sí, añórote, recoñézoo.

Bótote de menos, tanto que creo que non son capaz de explicalo en palabras, e dóeme no máis profundo do meu ser ver que xa non son parte da túa vida, ver que ti me sacaxes de ela e non notas a miña falta. Fágome cada día a promesa de que non me importas, que non me importa nada que teña que ver contigo, pero cada noite se me fai anacos o recordar momentos compartidos. Añoro a tranquilidade que me transmitías, a seguridade en min mesma que me facías sentir, o cariño que depositabas en min, añórote a ti e a vida que tiña contigo cerca. Non soporto ver que non estou na túa vida, ver que están outros que fai un par de anos nin coñecías, e no fondo dóeme seguir entendéndonos cunha simple mirada, porque eso é un resquicio do que algún día chegamos a ser o un para o outro e que hoxe tan só é unha mera anécdota de algo que xa non temos.
Todo se fai algo máis fácil cando non te vexo nin te teño cerca, pero nos momentos en que as nosas vidas se cruzan rómpese algo máis dentro de min, non me acostumo a ter que tratarte como a un descoñecido, a ti, ó meu neno.... non quero, algo dentro de min négase a aceptalo.
Ninguén me entende, e tampouco pretendo que o fagan despois de todo, pero xa tampouco me sirve ocultalo: sí, bótote de menos e oxalá fose alguén importante para ti, alguén a quen coidaras, mimaras e protexeras como nos bos tempos, como naqueles tempos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario