martes, 27 de agosto de 2013

volta totalmente inesperada

As vacacións acabáronse e tocou voltar á rutina alicantina...e a verdade é que veño desganada. Cando me viñen en xullo todo era diferente, non me sentía ben aló, sentíame apartada, esquecida e necesitaba poñer distancia de por medio con moitas cousas. Pero semella que bastou un mes tan só para que todo iso cambiara...Cheguei e sentinme querida e apreciada. Esa sorpresa de cumpreanos que non me esperaba rompeu un anaquiño o meu muro de formigón. Non me esperaba esa mostra de cariño, non sei, sentirme apreciada é algo que valoro moitísimo, porque tan só os teño a eles prácticamente. Sorprendéronme e emocionáronme!
E sí, ti tamén me sorprendiches...volvinte a notar cerca, como antes, sentíame cómoda contigo sin ter que esquivarte, non te notaba distante nin frío...¿ E este cambio? E que non entendo o por qué...outra vez te acercas, outras alónxaste...e sinto que te perdo un pouco cada vez que me veño, e esa idea atérrame. Non sei que podo facer para que iso non ocorra, non sei que dicirche, non sei nin como actuar...só sei que te quero cerca de min.
E do innombrable pouco que dicir, coincidimos, por desgracia máis do que eu quixera, pero supoño que para él non significa nada, un mero saludo correctamente, e outras veces finxindo que non me ve...Así se pasaron os días, e por moito que me empeño en que non me importa, no fondo sei que doe...pero quero convencerme que canto menos fale de el, máis deixará de doerme...

Non sei que sinto tan sequera, sei que aquí non estou ben, e aló tampouco. Non sei que me pasa porque tampouco non sei nin quen son.... Só de imaxinar que me quedo aquí outro ano asústame, aínda que intento autoconvencerme de que podrei con iso, que vou estar ben, que tan só é un ano que pasa voando...pero non funciona, asáltanme pensamentos que tiran por traste todas as boas ideas. Non sei si aguantarei outro ano, non cando añoro a miña xente tanto e sinto que me estou perdendo cousas e oportunidades estando lonxe, e o tempo vai pasando e nada cambia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario