domingo, 27 de octubre de 2013

Estou contigo, ánimo!!!

Como odio hoxe estar tan lonxe, non podes estar ahí contigo que sempre estás ó meu lado cando te necesito, apoiándote, dándoche ánimos, aínda que todo fose un accidente e producto da mala sorte. Sei que costará moito tirar para diante, que é un golpe moi duro e costará saír adiante...pero oxalá o consiga, porque non merece vivir baixo o xugo deste terrible infortunio toda a vida.
Sei que non podría cambiar nada estando ahí, pero podería estar ó voso lado, e estar tan lonxe faime sentir moi mal. Esta impotencia, esta rabia q sinto contra o destino, hoxe consómenme. Así q non podo nin imaxinar como estaredes vós, sufrindo, sendo obxecto de miles de conversacións, vendo a ese home tan serio destrozado, sin saber nin como axudarlle.
Mándoche todo o ánimo e a fortaleza que son capaz de transmitir, sei que agora estes días a vades a necesitar, e oxalá, oxalá estivese ahí con vós, contigo primita.
O cruel destino fixo das súas unha vez máis. Un accidente rodeado da mala sorte envolveuno e quixo que formase parte dunha desgraza,  a parte que foi testigo de como se iba unha vida, o peor que pode ver un ser humano. El vai cargar con un peso sobre os seus hombros que é moi inxusto, que non lle debería corresponder. Pero oxalá o supere, vai conseguilo co tempo, ten a súa familia e amigos apoiándoo, non está só. Entre todos transmitiremoslle confianza en sí mesmo de novo, e conseguiremos que saia adiante.
Estamos contigo. Aínda que sexa na distancia, eu tamén estou contigo J. A.

No hay comentarios:

Publicar un comentario