viernes, 13 de julio de 2012

.ti non, por favor, ti tamén non...



Simplemente confiei demasiado en ti, en que eras diferente, en que non me ibas fallar, nin decepcionar...Tiña demasiadas esperanzas postas en ti...pero eres como todos. Evidentemente non tes a culpa de que doa saber que estiveches con outra persoa, eres libre, podes facer o que queiras con quen queiras e cando queiras, non me tes nin que dar explicacións...pero eso non quere decir que non me pasara a semana sen poder sacar da miña cabeza esa idea, e sobre todo saber que iso me doeu profundamente, moito máis do quixera. Doe saber que sinto celos, que sinto rabia, que sinto decepción, que me sinto defraudada....dóeme saber que as miñas ilusións eran en vano.
Necesitábate a ti, necesitaba a relación que tíñamos, e estaba disposta a esperar e facer todo o posible para que todo saíse ben, e agora simplemente me sinto máis vacía si cabe. Sinto que xa perdín a última esperanza que tiña para facerme sorrir, perdinte a ti, e o que eso conleva, volvín perder a ilusión, as ganas de tirar por algo, porque agora xa non teño nada, porque tampouco te teño a ti.
E aquí estou de novo, soa, a mil quilómetros da miña xente, a mil quilómetros de ti, perdida, vacía, sin ganas nin ilusións, triste e doída. Unha vez máis, todo o que apostei por alguén saiu mal. Outra vez se repite a historia, outra maldita vez.


No hay comentarios:

Publicar un comentario