viernes, 20 de julio de 2012

un vinte de xullo moi diferente..


Un ano máis hoxe é vinte de xullo...pero é totalmente diferente a todos os dos meus recordos. Estou lonxe de toda a xente que quero, lonxe dos meus amigos e lonxe da miña familia. Faltáronme os abrazos da miña xente, dos meus amigos, esas risas de que cumplía un ano máis, eses tiróns de orellas, esa alegría. Faltoume a tarta de Miguel, esa tarta que pasabamos todo o ano planeando como sería, sentarme cos padriños a comer mentras o padriño me facia rir con cosquillas, faltáronme as caricias da madriña, esperalos na porta toda emocionada para recibir eses abrazos e curiosear a ver que seria o meu regalo,... Pero sobre todo faltoume despertar coas felicidades de mamá, ese bico co que sempre me daba os bos días e me daba o regaliño que tocase, faltoume oír a súa voz, aínda que fose ó outro lado do teléfono, faltoume sentila, faltoume ela!!! Ver que papá me dice un felicidades sin sentimento porque lle recordaron que me chamara non é o mesmo, en realidade non é nada, non llo tomo a mal, nunca se lembrou, menos se ía a lembrar este ano...
Por iso hoxe é un día máis, un día que non significa nada, un día que non me transmite nada, xa non. Xa non son a nena que esperaba con ilusión cumplir un ano máis, agora só me trae amargos recordos a pesar de que a miña familia de aquí fixeron todo o posible para que me sentira coma na casa, para que non me sentira soa, pero aínda que llelo agradezo na alma non é o mesmo, nunca será o mesmo, porque a miña vida xa nunca será a mesma.
E outra lección a aprender é que non hai que esperar nada de quen non che demostra nada, aínda que ti llo demostres todo. Que se olvidara de min neste día doeume, e doeume moito. Unha chamada ó final do día non o compensa, e menos cando somos dous descoñecidos falando, porque iso tamén doe.
Só quedan quince minutos deste 20 de xullo de 2012, e mañá levantareime e xa pasaría o día, por fin. Xa non me gusta o día do meu cumpleanos, xa non son a nena ilusionada, agora son a rapaza triste e melancólica duns recordos que xamais volverei a ter.

No hay comentarios:

Publicar un comentario