jueves, 13 de septiembre de 2012

aceptarías??




Encantaríame terte aquí, ó meu lado, poder abrazarte, que ti me abraces, sentirte cerca, rirme contigo, poder ver unha peli e comer chuches (sí, sei que non che gustan as palomitas), facer o tonto, que me fagas cosquillas, que me acaricies, escoitarte falar, que me contes mil anécdotas, que me enseñes fotos da túa xente, que me fales da admiración que sintes por túa irmá, dos defectos de teu irmán, compartir opinións, debatir sobre libros e máis libros, que me soples no pescozo, que me des un bico na meixela dos que me fan estremecer, poder morderte para que me mires con cara de pícaro....todo iso que te convertiu en alguén tan especial para min!

Pero téñote lonxe, hai moita distancia de por medio....E mentras teño que seguir conformándome recordar os bos momentos que compartimos e con imaxinar mil veces como pode ser ese primeiro bico....¿chegará algún día?  E sí, tamén seguirei soñando con todas esas cousas das que teño tantas ganas de poder compartir contigo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario