lunes, 3 de septiembre de 2012

despedida definitiva??






Non sei si desta vez foi a despedida definitiva...só sei que levo 7 días sen falar contigo, 7 largos días sen saber nada de ti, sen unha mensaxe, sen unha chamada...só vivindo na miña soidade. Descoñezo o motivo de todo isto, non sei nin quen está ou debería estar enfadado, decepcionado ou doído, non sei porque esta distancia, e moito menos entendo que a puxeses ti porque non tes ningún motivo. Quen os tería sería eu, e eu son incapaz de sacarte da miña vida, por iso me doe tanto que para ti sexa tan fácil. Nunca estás cando te necesito, nunca me sorprendes, nunca me das máis do que espero....sempre é o contrario, unha vez tras outra decepciónasme, unha vez máis corren bágoas por as miñas meixelas ó pensar en ti, unha vez máis estou doída por a túa indiferencia, e unha vez máis estou aquí sentada escribindo como me sinto por non poder compartilo con ningúen, para non escoitar máis reproches, máis "xa cho dixen", máis "isto tiña q haber pasado fai moitos meses", etc.
Xa estou cansada de todo, de ter por cada día bo cincuenta malos, por cada sorriso cen bágoas, sei que teño que pasar páxina, pero tamén sei que non te dou sacado da miña vida, que me sigue doendo esta indiferencia.
Non sei como farei para ter entereza e someter a miña vontade a miña propia decisión racional, pero no fondo sei que teño que conseguilo, que teño que poñerme de novo a miña coraza e convertirme nese pedazo de xeo que nin sente nin padece. Será a única forma para poder pasar páxina e seguir adiante sen ti.




No hay comentarios:

Publicar un comentario