lunes, 29 de octubre de 2012

18 meses despois...

A noticia que levaba esperando 18 meses chegou....non me imaxinei nunca como sería ese momento, simplemente o desexaba. E agora que chegou resúltame casi indiferente, non fai que nada cambie dentro de min, de feito non quixen saber nada sobre o tema aínda estando a miles de quilómetros de ti. ¿Resulta curioso verdade? Soñei tanto con ese momento, que agora que chegou ese momento somos dous descoñecidos, eu non sei nada sobre ti exceptuando o que me van contando, e ti non sabes nada sobre min nin te molestas en saber. Pois ben, eu seguirei comportándome como nos últimos meses, porque non quero nin acercarme a ti, a pesar de que cada vez que escoito o teu nome se me faga un nó no estómago, que se me seque a boca, que intente seguir a conversa con unha normalidade que non sinto. Porque aínda, a día de hoxe, sei que me sigue resultando difícil manter esa coraza que me protexe, porque se tambalea cada día, pero estou máis que disposta a loitar para que siga no seu lugar e non se derrumbe. E só quero seguir alonxada de ti, porque doutra forma sei que non o podería conseguir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario