martes, 9 de octubre de 2012

sensacións....

Estou na miña casiña de novo, e teño tal torrente de emocións que non sei nin por onde comezar a sacalas....
Verte, e ver que nin eres capaz de acercarte a saudarme doeume pero encheume de tal rabia que creo que eclipsou á dor, e por riba sigo enterándome de cousas de ti que non desexo saber, pero que fan que siga descubrindo máis e máis cousas que non me gustan. Ó fin terei que darlles a razón a todos, e era eu a equivocada, por confiar en ti, por crer que eras diferente. Agora sí que teño claro que non te quero na miña vida, que non mereces estar nela.
Pola outra banda estás ti...ti, q non saes da miña mente, ti, que me perdes, que me desconcertas, que me acercas, que me apartas, que eres dulce, que eres frío, que sempre me das unha de cal e outra de area....E sigo sen saber que facer contigo...só teño claro que non quero perderte...pero...non semella nada fácil. Non sei nin como afrontar isto, hai veces que ata os celos me consumen, e hai outras que intento distanciarme...pero consigues derribar o meu muro unha e outra vez...
E na casa...sigue sendo unha casa axena, para nada teño os sentimentos de cando volvía fai un ano, isto é un fogar frío e vacío, xa non é o meu fogar...non me transmite nada, simplemente rutina, nin amor nin cariño...só frialdade e unha sensación de vacío que me invade e me anula...
Por sorte o meu refuxio seguides sendo vós...os meus amigos incondicionais, os que sabedes sacarme un sorriso por riba de todo, con quenes me encanta ir de cea, de paseos, de charlas... si souperades todo o que vos podo chegar a botar de menos!!!
E xa só me quedan 5 días....5 miserables días cerca de vós....

No hay comentarios:

Publicar un comentario