lunes, 1 de octubre de 2012

felicidades ama

Hoxe sería o teu día, hoxe cumplirías 58 aniños, hoxe tería q despertarte con un felicidades, con un bico, co teu regalo, ese q tiña pensado facerche e q ti levabas tanto desexando (a miña foto no colgante da cadena). Pero non, non estás porque o cruel destino te arrebatou de min. Só sei que non te teño, que non estás aquí, que te necesito tanto, que me atormentan tantos recordos, que non podo parar de chorar, que cada vez que penso en ti só me caen bágoas, porque te boto de menos a cada instante, porque non soporto non terte, non oírte, non abrazarte, non sentirte. Necesito a tua dulzura, a tua comprensión, o teu amor, o teu cariño...necesítote a ti mamá!! Pero sei que non te podo ter, e aínda así non me resigno, unha parte de min non se resigna a aceptalo...
Non me sirve de nada decilo, non me alivia a dor que sinto, pero aínda así...moitas felicidades ama! donde queira que estés...oxalá me poidas escoitar, e si existira a xustiza ti estarías hoxe ó meu lado. Pero non existe, e eu non te teño, e cada día sen ti sigue sendo un calvario, porque a miña familia non existe sen ti, porque ti eras a miña familia, o meu apoyo, eralo todo mamá, ainda que nunca cho dixera, ou aínda que nunca cho demostrara, eras a miña vida! E ahora non te teño, e non teño nada... Nin siquiera estou na casa para poder levarche flores, nin ese mero detalle podo facer, e estou hoxe tan falta de forzas que sinto que se me derrumbou o mundo encima sin ti. Oxalá puideses estar aquí, daría o que fose por terte ó meu lado, Quérote e sempre te quererei, nunca te sacarei do meu corazon, nunca olvidarei ningún detalle que me recorde a ti, nin a tua sonrisa, nin a tua mirada, nin as tuas caricias, e todo o mundo sabra a maravillosa persoa que tiven por nai...oxalá noutra vida si existe, poida volver a verte. Quérote tanto mamá!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario