domingo, 16 de diciembre de 2012

Hoxe non quero irme!


Hoxe espertei coa idea de que non, non quero irme de aquí, non quero deixar atrás esta vida alicantina, non quero voltar ós problemas, as tardes interminables de aburrimento, as bágoas nocturnas de nostalxia, a unha vida apagada. Non sabía case o que era deitarme as 5 da mañá habendo disfrutado como unha enana, bailando, rindo, innovando, perdendo a timidez, deixándome levar, intentando apartar a coraza que sei que poño....Apenas conseguín durmir, pero creo q de alegría por haber disfrutado tanto unha noite. Nese grupo mesturado hai xente que merece a pena, xente que se porta xenial conmigo, xente ca que non quero deixar de ter contacto, xente ca que quero seguir saíndo e pasando momentos como os de onte.
Pero as cousas non sempre son así, fai 6 meses daría o que fose porque houbera xegado decembro e nadal, e agora que chegou daría o que fose para que volvese a ser setembro e non ter que tomar esta decisión.
Sei que teño que irme, que me necesitan na casa e que debo facer todo o posible por voltar, pero creo que as ganas as deixei polo camiño. Sí, boto de menos á miña xente, ós meus amigos, pero eles tamén teñen a súa vida....e no fondo eu sigo sendo eu, non cambiará.
E atérranme tantas cousas de volver...non estou preparada para ter que voltar a velo a miúdo, prefiro seguir téndoo lexos e non saber nada sobre a súa vida, porque me sigue doendo, porque non están cicatrizadas as feridas, e, a pesar de que o intentarei evitar todo o posible, sei que me inevitablemente non podo evitalo sempre. E non quero, non quero que volva a mña vida, quero poder cerrar esta etapa e deixala atrás, pero todo iso resulta moi difícil cando hai que finxir diante de todos que hai unha normalidade que non existe. Non sei porque me empeño niso, porque non quero perxudicalo, pero cada vez tamén me agota máis emocionalmente ter que poñer esa coraza para protexerme.
E por outro lado sí, tampouco quero volver e pegarme a ti, non quero necesitarte, quero seguir tendo esta distancia, non quero ter que depender de ti para sorrir, para levantarme cada día e que terte cerca sexa o motivo para facelo. Non, non quero volver a baixar a garda e volver a sufrir, non estou preparada, non teño forzas. E sei que non pode saír ben así que tampouco sirve de nada soñar.
Quero seguir aqui, protexida do que pode danarme, pero sei que teño que volver, aínda que bote isto moito de menos. E aínda que sei que tras un mes na miña terra signifique que despois non vou querer irme de novo, pero adaptarme outra vez a esa situación vai ser moi difícil e duro. Non sei como tirarei, cada vez sei que teño menos ganas e forzas. Pero só queda resignarse e aceptalo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario