domingo, 9 de diciembre de 2012

unha nova volta....

Xa tocou volver....unha vez máis estou no meu sofá vermello, despois desa viaxe en avión que me volve a separar da miña terra e a miña xente. Despois dunha longa semana aqui volvo estar intentando ocupar as horas mortas. Cada vez cóstame marchar, pero tamén me costa volver. É un cruce de sensacións moi peculiar q nin sequera eu mesma entendo....
Desta semana pouco que destacar...foron días duros, cheos de recordos nada agradables, volver a ter que vivir todo foi horroroso. Ver a mala educación da xente, a falta de respeto, a frialdade ante eses momentos fíxome darme conta do triste que podemos chegar a ser algunhas veces as persoas. Nin tan sequera quero recordar, nin falar...pero verme ali soa, afrontanto o día que era, sen ela, sen papá....foi horrible. Eu non estou preparada para iso, non podo ser a cabeza de familia á que todo o mundo lle da as súas condolencias e miran con compaixón, non podo ser esa rapaza que non podía falar porque as palabras afogábanlle nas bágoas que ela intentaba tragar, non podo selo porque non teño forzas. Ese día agotoume emocionalmente, agotoume intentar ser forte cando estaba rota por dentro, agotoume aguantar estoicamente os bicos e abrazos finxidos, agotoume recordar que nese lugar foi donde a enterrei definitivamente, agotoume ver que todo me recordaba a ela.
A volta á casa tamén foi difícil, foi a vez que fun cas pilas máis descargadas, e ter que estar alí tirando por todos era duro sobre todo cando nin sabía como poder tirar por min  Ver a papá destrozado, para min que sin ganas de vivir, perdido completamente despois de un ano sin ela, e verme incapaz de axudalo porque non sei nin cómo facelo, rompeume aínda algo máis por dentro. Sei que teño que volver, que teño que volver por él, porque non pode tirar con todo, pero nin tan sequera sei por onde comezar a axudalo...
E agora aquí volvo a estar resignada ós quilómetros, a distancia, a soidade....pero tamén a outra vida na que apenas hai problemas, na que só hai rutina, na que so teño quq tirar por min. Pero boto de menos a miña casa, a miña xente, os meus amigos, quenes me cuidan e se preocupan por min, quenes me fan rir, e fan o día a dia algo máis agradable. E sí, tamén o boto de menos a él, a él que ocupa a miña cabeza e que me fai sorrir, él que me atrae e me fai olvidarme do mundo, simplemente él.
E agora só penso que xa non queda nada para volver, só quince días, e desta vez non será como esta semana horrible, será volver a estar con vós. Quince días que pasarán voando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario