viernes, 21 de diciembre de 2012

outra vez nadal...

Xa pasaron os quince días, e mañá toca volver coller de novo un avión, pero desta vez levarame a miña casa, que sendo as datas que son semellará unha casa totalmente vacía....e non teño ganas, non me apetece irme, quero ter claro que quero quedarme alí pero cada día dubídoo máis...
E o Nadal chega unha vez máis, unhas datas que cada vez significan menos e odio máis, veñen cheas de recordos e tristura, melancolía e dor, e ausencias vacías. Sen ela nada ten sentido, non significa nada. Odio o Nadal, e odio o destino por non deixarme podelo compartir con ela. Odio finxir un paripé dunha familia que non existe, que todo o mundo che desexe bo nadal cando sabes que te seguirás durmindo con bágoas nos ollos, odio os vilancicos, odio a compra compulsiva, odio todo o que simbolizan estas datas.
So quero que pasen pronto, e que neste ano que comezará encontré unha razón para seguir loitando cada día e non rendirme, porque cada vez estou máis faltas de forzas e ilusión. Xa non lembro que e rirse de alegría, so sei chorar de melancolía.
Odio o nadal, odio estas datas, quero que desaparezan do calendario, que xa non signifiquen nada. Pero sobre todo, que pasen fugazmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario