jueves, 21 de marzo de 2013

contigo foise todo

Como boto de menos poder compartir contigo as miñas vivencias, o que fago, a donde vou, quen forma parte da miña vida. Non teño a quen contarlle o que fixen e o que non. Hoxe cheguei á casa despois dunha longa semana cas miñas amigas e non teño quen me escoite, ninguén a quen ensinarlle fotos mentras lle conto anécdotas da viaxe entre risas, naide me pregunta como me foi, naide comparte conmigo momentos. Volvo a unha casa que non é o meu fogar, só un lugar físico ó que teño que volver. Naide se interesa por min nin polo que fago, polos meus soños, polas miñas inquedanzas, por como me sinto ou polo que son.
Só hai soidade e vacío, ti non estás ama e contigo foise todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario