miércoles, 13 de marzo de 2013

q nerviossssss!!

Xa case pasaron dous meses, e mañá volvo a Alicante, a miña outra casa, a miña outra terra, ca miña outra xente. Pero desta vez non volvo sola, acompáñanme as miñas amigas, esas 2 persoas que levan anos e anos ó meu lado e con quenes compartín tantas cousas. E agora vou compartir unha máis, estar con elas na miña outra cidade e formarán parte durante uns días da miña outra vida!
Vou dividida porque na casa non están ben, seguramente si elas non viñeran eu quedaría e non iría, pero así non podo facerlles perder o diñeiro invertido. Tamén vou inqueda por saber como se levarán esas persoas que son tan importantes para min entre elas, como conxeniarán as galegas e as andaluzas, que opinarán do meu Alicante querido. Pero sobre todo vou ilusionada, ilusionada porque por fin vou poder compartir con elas outro anaquiño do meu corazón, van ver outra parte de min, vou poder telas aló. E quero disfrutar esta semana con elas, aínda que non nos poñamos dacordo coa comida, nin co destino de a donde ir, e discutamos x as camas...pero si quero rirme, pasar momentos con elas e seguir atesourando recordos dos que elas formen parte.
Vanse coñecer as dúas partes máis importantes para min, e estou nerviosa!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario