sábado, 20 de julio de 2013

20 de xullo...un día máis

Hoxe é vinte de xullo, vinte de xullo de 2013, e é un día que non me aporta nada....foi un día máis, un día no que o teléfono sonaba cada pouco no que alguén querido se acordaba de que é o día do meu cumpreanos. Pero eu estou aquí, lonxe, a mil quilómetros de toda a xente que quero, soa, así que é un día máis. Simplemente encantoume ver que as novas tecnoloxías acercan a xente, irme a dormir despois de estar vendo e falando cas miñas amigas, coa miña casa....parece que enche un anaquiño máis o corazón.
Faltáronme felicitacións, claro que sí...pero algunhas xa non as esperaba e outra sei que xamais a volverei a ter. Así que cumplir un ano máis xa non me aporta nin ilusión, simplemente é un día que hai que pasar desexando que acabe canto antes.
E sí, doeume que nin unha mensaxe me mandara, que se limitase a un mero comentario nunha rede social como si fósemos dous coñecidos simplemente, pois non, non me gustou.
Está a rematar este día, xa, por fin... mañá cando abra os ollos xa pasou este 20 de xullo, cheo de nostalxia e recordos que xa non volverán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario