jueves, 4 de julio de 2013

rabia por non entenderte...

Supoño que sigo esperando demasiado da xente, e non deixan de defraudarme. Sigo confiando na bondade, en que lles importo, en que me aprecian, pero os feitos demostran outra cousa. E esta vez non vai por o de sempre, por ese "innombrable" senón por outra persoa que semella seguir os seus pasos.
Dame rabia, dame coraxe o teu comportamento, porque non o entendo, non te entendo. Non sei para que te acercas para despois alonxarte, para non ser capaz de demostrar nada, nin un mínimo de cariño ou preocupación. Podes pasar meses sen verme nin saber de min, e cando nos encontramos é como si nada pasara, como se todo estivese igual, eres alguén cercano a min, demasiado cercano a veces ata diría eu, e iso que non quero nin pararme a analizalo.
Non sei por qué te comportas así, pero dóeme, e o peor de todo é que non creo que nin saber iso che preocupe.
Sinto tanta rabia por verte así, que non entendo o porqué.
Entraches na miña vida para saír rápidamente, para iso fora mellor q xa non entraras.
A partir de agora procurarei recordar que:

"La única persona que necesitas en tu vida, es aquella que te demuestra que te necesita en la suya."

No hay comentarios:

Publicar un comentario