martes, 9 de julio de 2013

volta ó sofá vermello....

Estou no meu sofá vermello de novo, e a verdade é que a volta de momento está sendo moi boa, creo que necesitaba alonxarme de todo, das preocupacións e desa vida vivida para os demáis, xa que aquí só importo eu. Non sei como explicalo, simplemente non me sinto presionada, síntome libre. Sí é certo que boto cousas de menos da miña terra e da miña xente, pero espero que este tempo que me queda por diante sexa tan levadeiro como os primeiros días. ¡Por fin podo respirar!
E como non, sigo sin saber nada del, non tivo nin un oco para dicirme adeus e nin se molestou en preguntarme como me fora a volta...sí, xa me quedou claro o importante que son na súa vida. Desde logo non entendo porque teño tan pouca sorte ó permitir a entrada de xente nova na miña vida e no meu corazón, porque despois sempre traen consigo tristura e decepcións. Está claro que quenes merecen a pena, son os que realmente están ó teu lado día a día. ^
E do innombrable mellor xa nin falar, a verdade é que me vai vir ben estar alonxada do entorno todo que temos en común, isto facilita que certas cousas non doan tanto. Todo ten un final, e estou segura que pronto lle chegará que xa vexo luz ó final do túnel, simplemente algo máis de paciencia necesitarei, non podo desanimarme, conseguirei arrancalo de dentro de min.
E por hoxe xa está ben de filosofar dentro do meu cerebro...non vaia ser que saquemos sentimentos que andan intentando pasar desapercibidos....

No hay comentarios:

Publicar un comentario