domingo, 29 de diciembre de 2013

Remata o 2013...feliz ano!

Estou de volta na casa por Nadal, como o bo turrón, pero co retorno sempre chega volta a rutina da casa, ós problemas, a presión. Tamén significa voltar a ver persoas que marcan, que nos fan reflexionar quenes somos, e que deixamos atrás, e iso tamén e difícil de afrontar. Ver que pasa o tempo e eses sentimentos van quedando tan atrás que semellan esquecidos doe, non deixan de ser unha ferida sangrante.

O ano está a piques de rematar...é un ano que pasou sin pena nin gloria porque a verdade é que non me aportou nada, estou igual que cando remataba o 2012. Non trouxo cambios, pero tampouco nada malo, así que non podo queixarme.
Non sei que nos deparará o 2014. Oxalá que sexa o ano do cambio de traballo, de acercarme a miña terra, e polo demáis que se manteña así de tranquilo, mentras todo siga así e non empeore, aceptareino de boa gana. E si trae boas novas, benvidas sexan, que a veces é moi necesaria unha pouca de ledicia e felicidade.

Sen máis. Feliz ano novo a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario