miércoles, 13 de junio de 2012

loita por min, por favor, faino!


Un día despois vemos que a mente puido o corazón, a racionalidad ganoulle a batalla o sentimento, e eu deixeime levar por esa indignación que tanto me sacudía onte. Pero tampouco sei si os resultados son os esperados, porque parece ser que todo che resulta indiferente,xa que a pesar de todo o que che dixen nin tan siquera me contestaches co que fose. Ver que non che importa nada, que eu non che importo e eres capaz de deixar todo así prodúceme unha profunda decepción e tristura. Non me arrepinto do que dixen, aínda sabendo que puiden arruinalo todo, e que pode que fose dura ou que me pasara. Pero ver que nin tan siquera me dis unha soa palabra faime replantearme moitas cousas....¿realmente todo foi mentira? ¿realmente nunca existiu a persoa que me quixo? ¿realmente non che importo?
Non te entendo, eu diría o que fose, pero non deixaría escapar a esa persoa, non deixaría escapar a ese amigo que quero. Pero parece ser que non é o mesmo caso, igual o punto da cuestión é esa última palabra, que os dous entendémola de diferente maneira.
Non sei si isto é o final, si fose así doerame na alma, pero no fondo sigo crendo que algún día che tería que dicir o que che dixen, e por ese lado non me arrepinto. Non sei que farei si te perdo, si realmente saes da miña vida, quizáis me arrepinta moitas veces, pero tamén necesito saber o que significo para ti, e ver que non eres capaz de loitar por min está matando todo o que eu te quería.
Só che digo que si me queres, si significo algo para ti, loita por min, non deixes que me vaia da túa vida, non permitas q o noso orgullo nos separe definitivamente. Só necesito saber que son alguén importante para ti, tan só iso. E todo o demáis pode quedar atrás. Non te rindas por favor, non deixes que isto nos separe, non me perdas, non deixes que triunfe o meu orgullo, loita por min. Necesito saber que eres capaz de facelo, pero non fondo sei que non o farás, e iso e o que máis me doe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario