miércoles, 6 de junio de 2012

un ano despois estou orgullosa da miña decisión



Hoxe fai un ano do comezo da miña nova vida, unha data que está grabada na alianza que vai conmigo día a día e que tantos cambios significou. Un ano desde aquel día que se abriron ante min as portas dunha cidade descoñecida, dun mundo descoñecido cheo de xente descoñecida. Pero aínda que foi difícil o comezo, moi difícil por esas despedidas e as persoas que quedaban atrás, síntome orgullosa desa decisión.
Foi un comezo duro, repleto de moitas bágoas que quedan perdidas naquel piso de Valencia, pero saín adiante. Medrei como persoa, madurei, afronteime a vida soa nunha cidade enorme pero que non conseguiu comerme. Coñecín persoas maravillosas, como a miña tutora Pilar en Primeira Instancia 14 da tan impoñente Cidade da Xustiza de Valencia, alguén a quen sempre levarei no meu corazón por facerme a integración tan fácil e axudarme tanto. E por suposto alí coñecín a miña alma xemelga, a esa gaditana a que adoro tanto, coa que tanto compartín: carreiras no clio sin destino, días de praia, moitas risas pero tamén moitas bágoas, mudanzas, as interminables búsquedas de pisos, días e días de tanto calor...pero sobre todo compartín o meu corazón.
Hoxe sei que deixei moitas cousas atrás, que pode que me equivocara noutras, pero sigo estando orgullosa da miña decisión, a pesar de saber que non puiden compartir con ela os seus últimos meses sendo consciente de que lle causei moitas bágoas, pero ainda así non me arrepinto. Aprendín a valorar as cousas que realmente merecen a pena, aprendín a tirar pa diante soa por moi difícil que sea o camiño, aprendín que hai moitas cousas que o destino ten reservadas para nós, aprendín a ser persoa con valores e ideas propios, aprendín o duro que é a palabra soidade, aprendín a convivir coas bágoas, aprendín a abrirme os demáis, aprendín a vivir. Por tanto estou orgullosa de min, de medrar como persoa e da decisión que tomei. E sei que ti, esteas donde esteas, tamén o estás de min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario