martes, 26 de junio de 2012

medo a soidade


Xa chegou o momento, xa estou de novo aquí, sentada no sofá vermello, co eco da televisión de fondo, a mil quilómetros da xente que quero. Antes esto era o meu refuxio, a miña outra vida, donde so importaba eu, pero agora semella ser o meu pesadelo. Téñolle pánico a soidade, dame medo pasar unha simple tarde aquí soa, sin nada que facer, tan so pensar. Odio pensar, intento ocupar a miña mente co que sexa, o meu refuxio semella ser o traballo, nel pasarei horas e horas, para intentar que todo sexa máis levadeiro.
Estou contenta por estar con ela, con esa muller tan especial e a que tanto quero, a que foi o meu pilar aquí, esa outra familia da que me sinto parte.
Pero as cousas non son como antes, como fai meses, boto tantísimo de menos esas chamadas de mamá, donde lle contaba o meu día, donde lle contaba anécdotas do traballo, o que me fixera de comer María, o que xoguei coa nena.... ¿A quen lle conto agora todo?
Aínda que nunca pensei que o diría, aterrorízame a soidade, sí, agora si.

No hay comentarios:

Publicar un comentario