miércoles, 6 de junio de 2012

dividida??


Hoxe síntome dividida...dividida entre dúas terras, entre dúas familias, entre dúas formas moi distintas de vida. Teño a opción de poder quedarme máis tempo aquí, pero tamén desexo irme. Encantaríame poder quedarme para tirar por esa persona, porque tamén sei que non está pasando a súa mellor época, pero eu xa non podo máis. Odio pasar o día na casa sen saber que facer, so lendo ou vendo a televisión, oíndo bronca tras bronca, vendo que todo o mundo ten a súa vida e eu estou soa. Cóstame cada día máis a convivencia, resúltame moi duro ver que non nos entendemos, que sigue faltando o pilar básico de esta casa. Realmente non me sinto agusto aquí, porque sinto que non é a miña casa xa, porque as persoas que quedan nela non me aportan nada. Sen ela aquí nada ten sentido, cada día asemella máis sombrío e non hai luz ó final do túnel.
Pola contra aló teño tempo e espacio para min, quizáis o que necesito agora, e teño a miña rutina, o meu traballo, a miña outra parte de min, coa que estou falando agora mesmiño, e a que boto tantísimo de menos!! E máis sabendo que só me quedan uns mesiños para disfrutalos con elas...
Pero tamén sei que me encantaría poder quedarme para saber que pasaría con esa personiña tan especial, pero aínda que ninguén me entenda eu necesito irme e recuperar a miña vida porque me pesa máis esa parte.
Sei que podo ser unha incomprendida, porque xa sei que son unha persona difícil de por si, pero non me importa, eu sei o que quero e necesito, aínda que xegue o momento en que bote todo isto de menos.
Quédanme tres semanas para disfrutar coa xente que quero aquí, tres semaniñas ó final das cales me espera un verán alicantino e do que teño moitísimas ganas!! E simplemente, si él me quere, esperarame...senón terei que seguir buscando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario