jueves, 19 de septiembre de 2013

recordando...os recordos sangran

Abrín esta páxina coa intención de falar contigo un anaquiño, de decirche todo o que te boto de menos, que cada vez máis véñenseme a cabeza imaxes e recordos da miña infancia contigo, só contigo...como a primeira vez que me deixaches sentarme no asento dianteiro do coche contigo cando íbamos os venres á mañá á praza mentras eu morría de sono polo madrugón, pero aínda así non renunciaba a ir contigo, vía nos teus ollos orgullo e dedicación cando me presentabas ás túas compañeiras, e iso compensaba a falta de horas de sono. Ou cando os domingos a tarde me secabas o pelo na cociña mentras eu vía Embrujadas, esa serie que tan pouco che gustaba, ¿lémbraste? Nunca te cansabas de peinarme, pese a todo o que eu me queixaba, nunca tirabas a toalla cos meus mechóns rebeldes. ¿ E lembras aquela vez que xa compráramos os libros novos para o curso e te acompañara ó médico? Tardáramos moito en saír, había moita xente, pero eu estaba moi leda porque sabía que íbamos pasar a tarde forrándoos, ese momento que compartíamos sempre na volta ó colexio. ¿E lembras cando nos sentamos unha enfrente da outra e non te levantaches ata que me ensinaches as preposicións? Sempre recordaba cun sorriso que a min aprendeumas a miña nai. ¿ E cando me decías que fixera a cea con papá mentras ibas muxir? E despois sempre viñas e me dabas un bico dicíndome que iba ser moi boa cociñeira se quería....E agora non podes velo...
Pois nada, xa non podo seguir....as bágoas non me deixan ver, non podo recordarte sen sangrar, sen que se me encolla a alma, sin caer nun abismo de desolación...dios, é que te boto tantísimo de menos que non podes imaxinalo, daría o que fose por terte aquí, vendería a miña alma ó demo si eso te trouxera, cambiaría a miña vida, borraría o meu futuro..o que fose, pero OXALÁ PUIDESES VOLVER!

No hay comentarios:

Publicar un comentario