jueves, 31 de enero de 2013

Brillas por tu ausencia.

Brillas por a túa ausencia. Por non poder abrazarte nin bicarte. Non podo escoitar a túa dulce voz, non podo chegar a casa e que ti me esteñas esperando, sintome vacía e perdida sin ti. Cada dia cóstame máis poñer esa coraza e finxir que todo está ben, que eu estou ben e escoitar as tonterías do mundo que hai o meu redor. Cada un ten os seus problemas, pero todos teñen solución menos a morte. Eu non teño solución, a vida non quixo que a tivera. E non sei vivir sin ti, non podo levar unha casa que se me cae encima, tirar por unha familia que non me aporta nada nin pola que non sinto nin padezo, non podo seguir sin ti. Non consigo borrar as últimas palabras que che dixen, nin esas que nos dixo o médico o saír, non podo borrar esas imaxes da miña cabeza, cada vez que intento esquecelas volven, non me deixan respirar, non me deixan vivir. Sei que che prometín que iba a cuidar de papá, pero e que me sinto incapaz. Todo isto venme moi grande. Intento buscar algo polo que tirar pero non o atopo. Aquí todo son problemas, agobios, finxir da mañá a noite. Non entendo por qué tivo que pasarnos esto, non entendo que mal tan grande fixemos para que te separaran de min, non o entendo mamá, ¿por qué a vida foi tan inxusta con nós?  Síntome tan vacía e perdida, non sei hacia donde tirar, non sei hacia donde seguir, nin hacia donde mirar, nin tan sequera que planificar. Non teño alicientes, non teño motivos, non sei nin quen son agora mesmo. 
Non sei para que me viñen, isto agóbiame, fáltame aire, fáltasme ti. Non hai nada que faga a túa ausencia máis levadeira, a miña mente non consigue despegarse de ti. E no meu corazón vivirás eternamente, aínda que siga perdida e vacía só o encherás ti. Guíame ama, desde donde estés, dame forzas e dame un abrazo aínda que sea soñando, necesito volver a sentir o teu calor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario