sábado, 12 de enero de 2013

decisións...

Levo de novo días xa no meu sofá vermello...o Nadal por fin rematou, esas datas que tan pouco me gustan xa pasaron...un ano máis que acabou...E eu sigo no mesmo sitio, nin avancei nin retrocedín, realmente para min é como si este ano non transcorrera, non existira. Non teño nin de que facer balance, e moito menos positivo. Así que non hai que contar do 2012.
O 2013 comezou como rematou o 2012, sen ilusións, nin esperanzas, nin alegrías. Creo que o único que trae é resignación. Desexo de todo corazón que traiga algo bo, a mínima cousa que me devolva a ilusión por algo ou por algúen,
E chegou o momento de tomar a decisión que fai meses vía lonxe pero que o tempo a acercou imperiosamente. Dentro dunha semana volverei a miña casa, por tempo indefinido, a volver vivir nesa monotonía constante. Sei que me necesitan e teño que ir, pero non estou tan segura do que quero. Síntome dividida, non dous sitios teño cousas que botarei de menos:  Alicante é a miña rutina e desconexión, só lle faltan os meus amigos, a miña xente. E Lugo iso é o único bo que ten, eles. Así que nada, toca facer de tripas corazón e deixar isto como un recordo aparcado na memoria. Non estou segura de nada, sei que aquí boto de menos Lugo, e aló botarei de menos isto...pero hai que escoller, non podo telo todo, son consciente.
Só me falta a parte difícil, decilo  no traballo, pero iso tamén será algo que habrá que afrontar esta semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario