jueves, 17 de enero de 2013

Chegou ó momento de partir

Ben...o momento xa chegou...mañá tocarame tarde de despedidas e sábado pola mañá collerei ese avión que me levará á casa por unha temporadiña....Non sei nin o que pasa pola miña cabeza, mellor dito, pasan tantas cousas que é prácticamente imposible expresalas en palabras e deixalas aquí escritas. É tal a mestura de sentimentos que teño que non sei nin cal prima. Dame medo voltar, pasar máis de quince días e ver que aquelo non cambia, que esa casa sigue estando vacía e carente de afecto, que cada un ten a súa vida e eu non encaixo alí, voltar a ver a miúdo xente que me sigue facendo dano ver, volver a ter que poñer esa coraza e mantela pase o que pase, ter que finxir que todo vai ben, que eu son forte e podo con todo e ninguén me fará dano. ¡Ai, pero estou tan carente de forzas para todo iso, que non sei nin como me irá! Intento pensar nas partes boas pero....¿cales son? Xa non teño ilusión por nada do que aló hai...nin por él, non sei cando pero desapareceu, só noto frialdade e distancia, e eu tampouco quero tirar agora. No fondo creo que quero ter a esperanza de que todo iso desaparezca e voltamos a estar como antes, ou aínda mellor, pero creo que iso vai ser moi complicado senón imposible. Aínda que tamén pode ser a última oportunidade para ver a donde nos leva todo isto.... Non sei, tampouco sei que quero nin que me atoparei referente a todo isto, só sei que non quero pasalo mal, non quero sufrir nin perdelo.
Respecto ó outro tema, sigo sin estar preparada para ter que volver a velo, a compartir momentos e tempo. Síguenme doendo moitas cousas, e parece que estando aquí esa dor é levadeira, pero volvendo....faise moi difícil seguir camiñando con ela a costas. Non sei si quero que salga da miña vida ou non, pero sí sei que quero que deixe de doerme xa dunha vez, xa pasaron 2 anos e asemella que o tempo non o cura todo realmente....
Sei que os meus amigos están ahí, que os boto de menos, pero tamén teñen a súa vida e rutina, e eu tampouco quero nin pretendo cambiala. Non é o mesmo que antes, no fondo sinto que nada é o mesmo, que somos diferentes, que temos vidas distintas e estamos en momentos distintos tamén. Son o meu refuxio, iso está claro, e necesítoos tanto ó meu carón, ¡e adóroos!
Terei moito tempo de soidade, de aburrimento e nostalxia, de tristura, de bágoas, de desasosego, de rabia...todos eses sentimentos que non mo van poñer fácil. Pero espero tamén ter momentos de risas e alegrías, momentos felices, e quero recuperar algo de min mesma, porque me sinto tan perdida que non sei nin para onde tirar.

Quero volver a ser eu, non isto no que a vida me convertiu. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario