miércoles, 23 de enero de 2013

reflexións nevadas...


O mellor da volta é esta paisaxe,ollar pola fiestra e ver esa cor branca que axuda a reflexión, a mirar onde estou e a pensar a donde quero ir, aprender das caídas e dos obstáculos que a vida me puxo no camiño, valorar o que me rodea e a xente que teño ó meu carón, recordar anécdotas da infancia daquelas nevaradas que tanto me gustaban cando podía compartilas coa miña familia aínda que hoxe fagan correr bágoas pola miña meixela,  cerrar os ollos e sentir que estou na miña casa, na miña terra, nese lugar que me viu nacer e crecer e do que gardo tantos recordos dunha infancia que quedou atrás, e tamén recordos con ela que forman parte do pasado e que non se repetirán nunca. Soñar con momentos mellores, anhelar esa felicidade que quizáis esté a volta da esquina, desexar un futuro mellor, pensar en volver a encontrarme e poder volver a sorrirlle a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario