miércoles, 23 de enero de 2013

¡De volta!

Hoxe, 23 de xaneiro de 2013, volvo a estar na miña terra, na miña casa, no pobo que me viu nacer e crecer. E desta vez toca quedarse por un tempo indefinido, nin eu mesma sei canto. Non sei como me sinto, supoño que resignada, aínda que por outra parte era o que quería durante meses...pero agora....non sei si realmente é o que quero. É moi pouco tempo aínda para realmente poder facer unha valoración, porque no fondo non asumín que isto non son unhas vacacións de curta duración, que dentro de quince días aquí vou seguir nesta rutina que non leva a ningún lado, que me estanca persoal e profesionalmente. Creo que isto se me vai facer costa arriba, pero sei que unha vez máis teño que tirar, por min e por esta casa que navega sin rumbo.
Xa non sei si este é o meu sitio ou non, realmente atópome perdida en todos os lados, non acabo de encontrar o meu lugar, síntome desubicada mire a donde mire, así que simplemente terei que darme marxe e non esixir de min mesma máis do que podo dar.
Pero sí quero algo bo, quero ter algo bo, non sei o que, pero algo que me axude a tirar por todo isto. Que non todo sexa o que agora me rodea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario